Bienvenidos

Taco Culto, somos un grupo de veciñas e veciños da Terra de Celanova que pretendemos desenrolar unha actividade agropecuaria cunha perspectiva mais social que empresarial,que aporte ós socios e socias un posto de traballo estable,co obxetivo de reinvertir os beneficios,cando os haxan,no desenrolo do propio proxecto e da comarca. Recuperaremos cultivos,frutais,razas gandeiras autóctonas,traballando fincas e instalacións actualmente en desuso,que os veciños nos veñen cedendo co fin de que non permanezan abandoadas por mais tempo. Todo o noso traballo agropecuario realizarase no campo da ecoloxía,avanzando sempre nesa dirección,coa reutilización,transformación e reciclaxe dos residuos. Os terreos empregaranse únicamente para producir alimentos e aproveitamento silvopastoral. Non admitimos transxénicos,non faremos monocultivos,non sementaremos para producción de agro-carburantes e non desenrolaremos ningunha actividade que,contra eses principios,perxudiquen ó ecosistema da zona e mailos seus habitantes. Desenrolaremos esta actividade de maneira colectiva,implicando e implicándonos tamén con outros productores e consumidores da Comarca,elaborando e comercializando alimentos ecolóxicos nun mercado directo entre productores e consumidores,renunciando ás redes comerciais do mercado dominante(intermediarios,grandes superficies)en aras dunha Soberanía Alimentaria cada vez mais necesaria na sociedade.